O diálogo na familia
Un factor moi importante para manter unida a unha familia é o diálogo. Pero dialogar non só é emitar palabras seguidas unhas doutras, dialogar é tamén escoitar.
Acontece, moitas veces, que co ritmo que seguimos hoxe en día no noso quefacer diario nos esquecemos de parar un momento e de falar cos nosos fillos e escoitar o que eles nos teñen que dicir, cales son as súas preocupacións, dúbidas, soños, desexos, inquedanzas...
Aínda así, crear un clima de diálogo na familia non é tarefa fácil.
Aquí propoñemos unha serie de consellos que poden axudar a crear un mecanismo que facilite a comunicación:
- Tentar dar a información dun xeito positivo.
- Empatizar ou poñernos no lugar do outro.
- Non contradicirnos nas nosas mensaxes.
- Escoitar con atención e interese.
- Crear un clima emocional que facilite a comunicación.
- Pedir a opinión dos demais.
- Expresar e compartir sentimentos.
- Ser claros á hora de pedir algo.