Blogia
orientaremedios

O NON tamén é unha resposta válida

O tema que vos propoñemos este mes dende o Departamento de Orientación é:

O non TAMÉN É UNHA RESPOSTA VÁLIDA

 

Moitas familias pensan que só polo feito de dicirlle non aos seus fillos e fillas que os están a privar dos privilexios da sociedade actual ou que lles están a negar o que eles non puideron ter.

 

E iso non é así. Hai que saber dicir non a tempo.

 

Os nenos e nenas precisan dun referente, dunhas normas polas que rexirse, posto que non nacen aprendidos.

 

Os primeiros referentes da súa aprendizaxe son a familia. Nese contorno aprenderán a moverse e a saber cales son os límites ata os que poden chegar. É nese momento cando teñen que entender o que está ben e o que está mal, o que se pode facer e o que non se pode facer.

 

E sodos vós,  familia, os que tedes que poñer as normas da casa. Unhas normas que teñen que ser claras e concisas para que os vosos fillos e fillas as entendan e así poder cumprilas.

 

De seguido, imos enunciar algúns principios básicos que debemos seguir na educación dos nosos fillos/as:

 

1. NÓS (os pais) somos os educadores, o colexio só complementa.

 

2. EDUCAR BEN é ensinar a coñecer as propias habilidades, desexar medrar, aceptar as nosas limitacións e as nosas virtudes de forma san, é ensinar a vivir.

 

3. Educar ben é ENSINAR A ADAPTARSE A TODAS AS SITUACIÓNS: BOAS E MALAS.

 

4. Educar NON É PROPORCIONAR EXPERIENCIAS BOAS E ILLALO DAS MALAS. É AXUDARLLE A APRENDER DELAS.

 

5. Para educar ben NON EXISTEN RECEITAS, apréndese de experiencias concretas e logo xeneralízase.

 

6. Educar é unha TOMA DE DECISIÓNS CONSTANTE.

 

7. As nosas decisións está moi influídas por COMO FOMOS EDUCADOS.

 

8. Ser conscientes diso axuda a educar máis sensatamente.

 

9. Educar ben a un fillo NON É COMPENSARLO POLO QUE NÓS NON RECIBIMOS NA NOSA INFANCIA. «Os rapaces non nacen coas túas carencias nin necesidades, non llas crees».

 

10. Debo ser consciente do QUE ME TRANSMITIRON CANDO ME EDUCARON.

 

11. Debo EDUCAR NO PRESENTE CON PERSPECTIVA DE FUTURO.

 

12. UNHA MALA ACTUACIÓN AGORA PÁGASE CON CRECES NO FUTURO.

 

13. NON DEBO ANGUSTIARME. Se non podo, busco axuda.

 

14. Para educar ben é necesario ter SENTIDO COMÚN.

 

15. Moitas veces necesitaremos unha VISIÓN OBXECTIVA DENDE FÓRA.

 

16. Non dubides en pedir orientación educativa aínda que o problema pareza pequeno.

 

17. NON EXISTEN OS SUPERPAIS, todo aquel que che comente que a súa relación co seu fillo é perfecta, pode ser que necesita aparentar ou que non queira ver os problemas.

 

18. NADA É O MESMO para un fillo que para outro.

 

19. Educar ben non é buscar as mesmas condicións para todos, senón que é DAR A CADA FILLO O QUE NECESITA. Facelo así non é ser inxusto, axuda aos fillos a medrar aceptando a individualidade de cada un.

 

20. Educando, VOU COMETER ERROS.

 

21. NON HAI ERRO QUE NON SE EMENDE.

 

22. Podo rectificar SEN PERDER A AUTORIDADE.

 

23. Non importa o que aconteceu no pasado, SE HAI PROBLEMAS «HAI QUE COLLER O TOURO POLOS CORNOS».

 

24.POSITIVO. Dille ao teu fillo o que che gusta e pon un límite ao que non che gusta.

 

25. Un neno é unha antena parabólica constante. ENTÉRASE DE TODO, IMÍTAO TODO. O neno APRENDE MÁIS DO QUE VE QUE DO QUE DICIMOS.

 

26. O maior desexo do neno é CONTROLAR O CONTORNO.

 

27. No contorno tamén estamos NÓS. Controlar as nosas reaccións fascinaralle, incluso aínda que sexa a costa de que nos enfademos con el.

 

28. O neno necesita LIBERDADE CONDUCIDA.

 

29. Se nós non POÑEMOS LÍMITES á súa conduta, farao el.

 

30. NUNCA DEBO MENTIRLLE. Se o enfronto a aquelas cousas que non lle gustan pero que debe aceptar, prepároo para asumir a realidade.

 

31. SE LLE MINTO FAREINO UN INMADURO (necesitará que lle disfracemos as cousas para aceptalas). 

 

32. Debo explicarlle as cousas (case sempre) e de forma breve.

 

33. Ás veces os nenos necesitan un «PORQUE O DIGO EU»

 

34. Levantar castigos ou encubrir os erros soamente é SOBREPROTECCIÓN. As persoas só aprendemos dos nosos erros se vivimos as consecuencias dos mesmos. CREAREMOS RAPACES INMADUROS INCAPACES DE ENFRONTARSE Á FRUSTRACIÓN.

 

35. O MAIOR DESEXO dun neno é que papá e mamá ESTEAN PENDENTES DEL.

 

36. A atención que lle prestamos é a nosa mellor arma. QUEN SABE COMO E CANDO PRESTAR ATENCIÓN AO SEU FILLO SABE EDUCAR.

 

 

 

Para un neno ter claros os límites educativos é moi importante por tres motivos:

 

1. Porque o axuda a entender e integrar as normas que rexen o mundo no que vive.

 

2. Porque lle axuda a sentirse seguro («Os meus pais son os que teñen que defenderme dos perigos do mundo, se eu fago con eles o que quero, ¿en que mans estou?»).

 

3. Porque lles axuda a «portarse ben», a ser «mellores persoas» e, polo tanto, a ter un bo concepto de si mesmos.

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres