Blogia
orientaremedios

Pórtate bien

Pórtate bien

Pórtate bien. El método para entender y educar a tus hijos, é un libro de María Luisa Ferreirós, publicado pola editorial Planeta.

Os nenos non nacen cun libro de instrucións debaixo do brazo e, a miúdo, os pais atópanse cun milleiro de situacións cotiás das que é difícil saír.

 

Só coñecen o non como resposta, non soltan o chupete de ningún xeito, pelexan constantemente entre os irmáns, os horarios son caóticos, non hai maneira de que fagan os deberes, e os pais pregúntanse: ¿Por que non obedecen á primeira? ¿Por que non hai xeito de que se vaian á cama? ¿Por que se opoñen por norma a calquera cousa que lles proponemos? ¿Por que só se portan ben cando están fóra da casa? ¿Por que se enfadan con tanta facilidade? ¿Por que parece que os que mandan na familia son os nenos e non os pais?

 

O obxectivo desta obra é ofrecer un produto atrativo e eficaz para poñer en práctica o método educativo. Deste xeito, a adquisición dos hábitos diarios convértese nun xogo entre os pais e fillos que enriquece e reforza a relación.

Se queredes obter máis información sobre María Luisa Ferreirós, podedes consultar: http://www.metodoferreros.com/index.php

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres