Blogia
orientaremedios

O diálogo na familia

Un factor moi importante para manter unida a unha familia é o diálogo. Pero dialogar non só é emitar palabras seguidas unhas doutras, dialogar é tamén escoitar.

Acontece, moitas veces, que co ritmo que seguimos hoxe en día no noso quefacer diario nos esquecemos de parar un momento e de falar cos nosos fillos e escoitar o que eles nos teñen que dicir, cales son as súas preocupacións, dúbidas, soños, desexos, inquedanzas...

Aínda así, crear un clima de diálogo na familia non é tarefa fácil.

Aquí propoñemos unha serie de consellos que poden axudar a crear un mecanismo que facilite a comunicación:

  • Tentar dar a información dun xeito positivo.
  • Empatizar ou poñernos no lugar do outro.
  • Non contradicirnos nas nosas mensaxes.
  • Escoitar con atención e interese.
  • Crear un clima emocional que facilite a comunicación.
  • Pedir a opinión dos demais.
  • Expresar e compartir sentimentos.
  • Ser claros á hora de pedir algo.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres